domingo, 17 de julio de 2011

O Pabellón C.F. fartos das formas do RC Celta (Fuente: http://pabelloncf.com/)

A entidade olívica segue fichando xogadores ás espaldas do Pabellón


Lemos con certo asombro na web da SD Arrabaldo como Diego Sarabia, como Director do inminente Campus de Santa Cruz de Arrabaldo e representante da Fundación do RC Celta en Ourense -así se presenta-, sinala nunha autoentrevista que o Pabellón CF non permitiu que un adestrador do Pabellón CF -Miguel Carballo- participara como monitor nese Campus e que "según versións dalgúns pais" somos reticentes á participación de xogadores neste Campus.

No primeiro caso explicouselle ao técnico afectado os motivos polos que desde a entidade non se vía ben que participara nese Campus e unha vez coñecidos polo técnco foi o mesmo Miguel Carballo quen tomou a decisión definitiva e nunca o club impediu a súa participación nesa actividade. No caso dos deportistas que levante a man o primeiro pai ao que un directivo do club lle dixo que non podía participar nos Campus do Celta. ¿Quen somos nós para prohibir tal cousa?. Moitos xogadores participan en diferentes Campus da xeografía nacional todos os anos.

Supoño que máis dalgún se preguntará o ¿porque desta situación? e claro, Diego Sarabia conta o que lle parece, pero nós ímoslle refrescar a memoria das actuacións que leva tido como técnico do Celta e que non nos veña co conto de que o club é unha cousa e a Fundación é outra. Pide esta persoa "un cambio de opinión" para permitir a presenza do adestrador -non se lle prohibiu- do Pabellón CF nese Campus. Pois ben nós si pedimos que non se chamen a xogadores do noso club ás espaldas da entidade para incorporalos a equipos do Celta. Diego Sarabia chama por teléfono, visita casas e preséntante nos postos de traballo dos pais de xogadores para convencelos sen que o Pabellón CF saiba nada.

Diego Sarabia foi capaz de presentarse nunha concentración do RC Deportivo da Coruña na que estaban invitados xogadores da nosa entidade e algún doutro club provincial e falar nas bancadas de Abegondo cos pais deles para convencelos de que deberían ir ao Celta. Claro a súa operación con xogadores do Pabellón CF que lles interesaba podíase ir ao garete. ¿Imaxinan vostedes a un adestrador do Madrid ou do Barça en Valdebebas ou en Joan Despí intentando abortar unha operación do seu eterno rival?. Pois eso foi o que intentou Diego Sarabia trasladado a Celta e Deportivo en Abegondo.

¿Como un club querido por moitos galegos e con moito arraigo na nosa provincia pode piratear a xogadores non só do Pabellón se non doutros clubs sen pórse en contacto cos clubs?. Ou non lembra Diego Sarabia como se invitou a un cumpleanos a un xogador de Ourense -non do Pabellón- e alí se lle deu unha ficha para que firmara recurrindo ao engano e dicíndolle ao futbolista que xa estaba todo arreglado co seu club de procedencia. Así é como trata o Celta ós clubs, non só de Ourense, senon de Vigo e outros lugares da Comunidade. Somos os primeiros en facer público estos feitos, pero estamos fartos de escoitar queixas de moitas entidades y case actuamos como portavoces deses clubs con actuacións parecidas. Estamos case convencidos de que o presidente da entidade de Balaídos, Carlos Mouriño, descoñece como actúa Diego Sarabia baixa as órdes de Toni Otero. Se a permite é inconcebible.

No Celta hai e haberá xogadores do Pabellón xa que nunca se lle impediu a ningún deportista que recalara na Madroa aínda tendo coñecemento das actuacións ás espaldas do club e o propio Diego Sarabia sabe o descontento do Pabellón cando foi enviado a unha reunión nos Remedios cos directivos pabellonistas xa que Toni Otero nunca deu a cara. As formas son as que deben cambiar e débese respetar o traballo dos clubs.

O pasado martes asistimos a unha reunión da Comisión de Fútbol Base da FGF na que o presidente do Residencia de Lugo, ademáis das queixas dos outros na mesma liña deste artigo, presentou un escrito nesa reunión que sinala nas primeiras liñas o seguinte: "Hai algún aspecto que non se nos pode esquecer ós clubs de fútbol base que non é outro que a voracidade dos clubs grandes co fútbol base e que temos a obrigación de protexer. En diferentes categorías calquera equipo que teña xogadores que destacan vai como ano tras ano levándollos sen nungún tipo de contraprestación nin obrigación, simplemente lévanos".

3 comentarios:

  1. Me parece que Diego Sarabia es un gran profesional pero desconozco las críticas que le haceis, pero lo que si conozco es como el Pabellón impide a sus jugadores, niños, muchas cosas como por ejemplo se les dificulta su marcha a otro equipo; tambien algunos estamos muy hartos de lo mal que se gestiona el trato a los niños en el Pabellón y como hay entrenadores que se olvidan que son niños y que el futbol educa no crea máquinas...para criticar hay que predicar con el ejemplo...

    ResponderEliminar
  2. Caramba! Le devuelven al Pabe jarabe de la misma medicina. Porque,por poner un ejemplo, este es el club que maneja las selecciones provinciales e impide que los niños que no quieren ir a su club (sobre los que ellos muestran interés), sean convocados con la selección (ellos lo negarán pero TODO EL MUNDO,no solo en Orense, sabe que es cierto).

    ResponderEliminar
  3. Además tambien son aquellos que prefieren hacer que un niño deje el futbol antes que ceder a su petición de dejar ese club que lo está hundiendo...creo que se olvidan que son niños que buscan hacer deporte y pasarselo bien y les guste o no en el Celta y en el Ourense sí están a gusto los niños (otras posibles críticas a parte)

    ResponderEliminar