domingo, 17 de julio de 2011

COMPLETADO O RACING CADETE DA TEMPORADA 2011-2012

Os dirixentes do conxunto racinguista confeccionaron, ao completo, o equipo Cadete da tempada 2011-2012 na que se competirá unha tempada máis na División de Honra. O técnico continuará sendo Jesús Pérez, aínda que o seu axudante no banco está pendente de confirmación, mentres que o posto de delegado ocuparao Andrés. No que se refire ao apartado de xogadores, cinco futbolístas continúan da pasada campaña: IAGO, MANU, OMAR, YAGO e SERGIO. Catro soben do equipo Infantil: JOAQUÍN, PERICO, MARCOS e CHAMPI. As novas incorporacións son trece: DAVID, BRUNO e JONATHAN PICOS (Meirás); ÓSCAR ARES, ADRIÁN PÉREZ e JORGE PRIETO (Portuarios); EDU CASTRO e DANI ESPIÑEIRA (Gª Caranza); MANU BRANDEIRO (Val); XAQUÍN TORRES (San Pedro); FRAN SOTO e YOSI (Narón BP) e CARLOS (Deportivo). Ademais, realizarán a pretemporada co equipo: ALEXIS (Gª Mugardos) e CARLOS NEBRIL (San Pedro). A pretemporada para o equipo Cadete comezará o 1 de agosto.

Fuente: http://fundacionracingferrol.net/

No hay comentarios:

Publicar un comentario