domingo, 17 de julio de 2011

Fichaxes no Racing de Ferrol xuvenil da División de Honra.

O equipo Xuvenil da próxima tempada vai tomando forma, e así Álex Cabarcos e Juan Prieto, do C.D. As Pontes, xogarán a próxima tempada no noso equipo tras chegar a un acordo co conxunto pontés para a súa fichaxe. O equipo Xuvenil comezará o traballo de pretemporada, dirixido polo técnico Michel, o 20 de xullo. Por outra banda, Martín e Alberto, no seu primeiro ano xuvenil, xogarán no Galicia Caranza, mentres que Fran e Borja, infantís de segundo ano, militarán no equipo de Liga Galega do Galicia. Ademais, Hendrickx, no seu primeiro ano xuvenil, xogará cedido unha tempada no Eume Deportivo da Liga Galega. 

Ademáis do central BORJA MEDÍN de 18 anos que procede do Montañeros B e o lateral dereito ALBERTO REGUEIRO de 17 anos do Deportivo da Coruña de liga Nacional, tamén incorpóranse ao Racing Xuvenil da División de Honra. Tamén interesan dous xogadores de primeiro ano de xuvenil do Victoria C.F. que foron a xogar coa selección coruñesa ao torneo Eixo Atlántico que son o porteiro Alex Patiño e o mediocentro e capitán no Victoria de D.Honor Cadete, Sergio González.

No hay comentarios:

Publicar un comentario