O capitán da selección española de fútbol-praia, Ramiro Figueiras Amarelle, ven de asinar no día de onte a súa vinculación coa nova xunta directiva do Narón Balompé.
Xunto a el ven de vincularse co Narón Balompé Amancio Campelo para asumir conxuntamente as funcións de dirección deportiva da NBEscola.
Ambos os dous levan tempo ollando os partidos dos equipos da escola e adestrando cos equipos tanto de fútbol-7 como de fútbol-11.
Asemade, presenciaron en primeira persoa a participación dos nosos equipos nos torneos de Abegondo o pasado mes de maio, de Cerceda a comezos desde mes e de Perlío nesta fin de semana.
Deste xeito, veñen a asumir un cargo vacante tras a dimisión de Manel Fernández Anidos, que o pasado 1 de xuño presentou a súa renuncia irrevocable. O clube desexalle a mellor das sortes a Manel Fernández, así como quere agradecerlle os servizos prestados na nosa entidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario